NOVAS

SEMANA SANTA

Lembramos  que, tal como figura no noso horario oficial, o museo permanecerá pechado tamén o día 30 de marzo (Sábado de Gloria)

Disculpen as molestias

EXPOSICIÓN TEMPORAL
Queridos obxectos:
nostalxia e sedución

A partir do 20 de marzo convidámosvos a visitar a exposición temporal «Queridos obxectos: nostalxia e sedución».

O souvenir, protagonista desta iniciativa, revélase, dende o punto de vista antropolóxico, como un valioso instrumento de análise do ser humano e  da sociedade na que habita.

PROGRAMA TRIMESTRAL

No enlace inferior podedes consultar as actividades que vos propoñemos para o primeiro trimestre do 2024.

Agardamos sexan do voso interese.

CONCURSOS 2024

No enlace inferior podedes acceder as bases que rixen o XI Concurso de Fotografía e o XII Concurso de Relatos promovidos cada ano polo museo co gallo da celebración os vindeiros 17 e 18 de maio do Día das Letras Galegas e Día Internacional dos Museos.

Agardamos a vosa participación.

"O Museo Liste ofrece un achegamento á historia a través da nosa cultura material."

A Fundación

Constituída formalmente o 15 de xuño de 1999, sendo membros fundadores o Concello de Vigo, D. Olimpio Liste Requeiro e a súa dona Dª Josefina Fernández Mosquera, e rexida por un Padroado, composto por nove membros. Desenvolve actividades de investigación, conservación e difusión do patrimonio etnográfico.

Inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, ten por obxecto a protección, promoción e defensa do patrimonio etnográfico e a xestión do Museo Etnográfico Liste de Vigo. Clasificada de Interese cultural pola Consellería da Presidencia e Administración Pública e declarada de Interese Galego pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia. 

O Concello de Vigo é a principal Entidade no financiamento da Fundación Liste, aportando para este exercicio 2024 o 95,42 % do total do presuposto. 

Olimpio Liste Regueiro

“…neste espazo que aloumiña escollidos acios da nosa cultura que un día viaxaron co seu pai e agora levedan ao carón da súa memoria.”

Olimpio Liste Regueiro 

(Pontevedra, 1932-2013)

Así reza unha pequena placa á entrada do Museo Liste.

Discreta homenaxe a quen non quixo ningunha e cuxo único devezo foi participarnos un legado de inmenso valor patrimonial que conforma o groso da colección do Museo Liste – Etnográfico de Vigo.

D. Olimpio Liste Regueiro, mestre, etnógrafo, coleccionista, apaixonado da conservación da cultura material dun pobo, da súa inmaterialidade tamén. Do choque que supuxo, para un neno de cidade, a chegada á pequena aldea de Ventosa, na Golada, no interior na provincia de Pontevedra, naceu unha fascinación inesgotable por un mundo en constante proceso de desaparición empuxado pola modernidade.

A imaxe dun neno cos ollos asombrados ante unha aldea que lle era tan allea, as súas xentes, as súas vidas, crenzas, costumes,…, cristalizou, na adultez, nunha forte 

arela por percorrer as corredoiras do rural en busca de vestixios dun pasado recente. Unha viaxe alentada pola súa dona, Dª Josefina Fernández Mosquera, fiel compañeira e tamén, como é de xustiza recoñecer, coartífice deste legado.

Desta incansable busca, xorde unha incipiente colección que, na súa medranza, callou na creación, en 1972, do primeiro museo etnográfico de Galicia: o Museo Olimpio Liste de Oseira (Ourense). Creado á sombra do impoñente mosteiro de Oseira, foi o xermolo dun xeito de concibir a etnografía, de dignificala e da habelencia de transmitila ao público.

O Museo Liste de Vigo nace, décadas máis tarde, respondendo ao convite feito polo concello desta cidade a un etnógrafo que, xa na súa madurez, non perdera a súa capacidade de asombro nin a súa ansia por compartir o que no seu camiño fora descubrindo.

Grazas Olimpio.

QUEN SOMOS E QUE FACEMOS

Equipo DO MUSEO

posible para post divulgativo en inicio II

NOVAS

ACTUALIDADE NA REDE

posible para post divulgativo en inicio

Recomendamos

As nosas suxerencias

Visítanos!

Horarios

DE MARTES A SÁBADO :
de 10:00 h. a 14:00 h
MÉRCORES:
de 10:00 h. a 14:00 h. e
de 17:00 h. a 19:00 h.
PECHADO: luns, domingos, festivos (agás 17 de maio, Día das Letras Galegas), 24 e 31 de decembro e sábado de Gloria.

Tarifas

ENTRADA XERAL: 2 €
ENTRADA REDUCIDA: 1€ (3a idade, parados, estudantes e grupos a partir de 10 persoas).
ENTRADA GRATUÍTA (agás visitas guiadas): menores de 6 anos; exposicións temporais e actividades que así o indiquen; os mércores en horario de tarde.
VISITAS GUIADAS E ACTIVIDADES (SEMPRE PARA GRUPOS PREVIA SOLICITUDE):
XERAL: 2 €.
REDUCIDA: 1€ (Centros de ensino)
GRATUÍTA: visita guiada ao museo dos Centros de Ensino do Concello de Vigo.

Contacto

Tfno. 986 244 698
Rúa Pastora, no 22, Vigo recepcion@museoliste.org visitas@museoliste.org

Espazo «CO TEU CAN» (DOG FRIENDLY)