| Inicio > Actividades
 

pdf PROGRAMACIÓN 2º TRIMESTRE 2017

pdf OBRADOIRO INSTRUMENTOS HUMILDES

Facer da visita unha experiencia formativa non se cingue ao percorrido polas distintas salas de exposición.
O Museo debe ser tamén un espazo de comunicación interactiva; para iso prográmanse actividades dirixidas a grupos.

Actividades específicas para escolares.

visitas

De forma trimestral prográmanse actividades e talleres dirixidos a este colectivo, tamén dispoñemos de fichas de traballo e diverso material didáctico adaptado aos distintos niveis educativos.

- Na sala de didáctica "Devir dás Estacións", renóvanse as festas cíclicas, tradicións do ámbito e traballos estacionais.

Actividades para grupos de adultos.

Actividades a través das que ofrecer alternativas culturais nas que ademais do coñecemento do museo, se achegan outros aspectos e se comparten experiencias.

Ademais ...

  • Audicións didácticas durante o verán, nas que achegarnos a outros modos de vivir e xerar cultura, a través da música. Realízanse no terreo que circunda o museo.

  • Vitrinas da familia etnográfica: vitrinas especiais onde se exhiben, estudan e comentan con carácter temporal, pezas de interese. Chegadas a nós e a "museables" pola súa singularidade, pero afastadas do contido expositivo do museo.

  • Proxeccións audiovisuais.

  • Campamentos urbanos: dirixidos a escolares en período estival nos que mostrar o museo baixo unha perspectiva diferente.

  • Investigación etnográfica: traballo de campo.