Continuidade da exposición “Épica e Coraxe en Chumbo”

27 de Febreiro do 2008 Sen Comentarios »

Ata o día 30 de Xuño, pódese visitar a exposición “Épica e Coraxe en Chumbo: 6000 soldadiños feitos por D. Ignacio Diz Rodríguez”. Desta singular exposición compre destacar a grande afluencia de público que acodeu a coñecela, e sobretodo, a presenza de grupos escolares entre os que está sendo un éxito.

A colección de D. Ignacio A. Diz Rodríguez contén máis de 6000 pezas de infantería e cabalería dos séculos XIX e XX. Sen dúbida, as pezas máis relevantes son: a “Guardia Mora”, a “Guardia Civil de Gala”, a “Guardia Real” , a “Legión” e a “Caballería de Húsares”. Todas elas feitas como o resto das unidades, á man. Para facelas, D. Ignacio verquía o chumbo derretido en moldes que el inxeniaba, facendo el mesmo outras partes do proceso coma: fundido, soldado e limado das pezas. O seu traballo non remataba aqui, xa que para conformar os equipos dos soldados empregaba materiais diversos (plásticos, lata,…reutilizados) e pintabaos seguindo os modelos de José María Bueno.

O noso obxetivo: converternos nun referente no campo da documentación etnográfica

27 de Febreiro do 2008 Sen Comentarios »

Dende a biblioteca do Museo Liste seguimos a traballar para acadar o obxetivo de converternos nun referente no campo da documentación etnográfica. Este propósito non pasa só pola adquisición de publicacións se non pola consecución das ferramentas axeitadas para facilitar o acceso dos usuarios aos fondos.

Por este motivo estamos a traballar, xunto co noso equipo informático, nun novo progarama de xestión documental que nos facilite o labor e que, por outra banda, permita a recuperación de rexistros de forma máis sinxela e precisa.

Aproveitamos para invitarvos a que pasedes a coñecer este servizo de paso que vindes visitar o noso museo.

Dinamización das Visitas Escolares

27 de Febreiro do 2008 Sen Comentarios »

No Departamento de Didáctica e Difusión Cultural do Museo Liste, actualmente estamos a dinamizar as guías das visitas escolares, por iso durante o percorrido, intercálanse nas diferentes salas da exposición, segundo a temática, diferentes actividades coma: xogos populares, adiviñas, menciñeiros, lendas relixiosas…
As visitas se estrucuran mediante unha monitora e unha animadora. A duración aproximada da visita é dunha hora.
Ademáis disto estamos a desnrolar un traballo de campo, ca recollida de datos dos diferentes entroidos que teñen lugar na provincia, e para elo pedimos a colaboración dos diferentes colexios que pasan polo museo.
Para o próximo trimestre haberá novas propostas que xa vos comunicaremos.
Un saúdo.

Nova publicación do Museo Liste

21 de Febreiro do 2008 Sen Comentarios »

Unha nova unidade didáctica, a número IV da colección “Os Saberes do Museo”, xa está na rúa. Co título “A Virxe do Carme do Morrazo: O seu periplo mariñeiro” , esta unidade pretende profundizar no tema da relixiosidade a través dun culto mariano moi arraigado en Galicia.

DISTINTIVO DE CALIDADE TURÍSTICA PARA O MUSEO LISTE

1 de Xuño do 2007 Sen Comentarios »

O Museo Liste recibiu o distintivo “Compromiso con la Calidad Turística” do SICTED (Sistema de Integración de la Calidad Turística en Destino). Este sistema de xestión de calidade desenvolvido pola Secretaría General de Turismo y la Federación Española de Municipios y Provincias é xestionado polo Patronato de Turismo Rías Baixas e garante o compromiso de prestación dun servizo de calidade nas institucións e establecementos nos que está presente este distintivo.

O 31 de Maio o Museo Liste, recibiu o seu distintivo, xunto con outras 71 empresas da provincia de Pontevedra vinculadas o sector turístico, nun acto celebrado na sede de Turismo Rías Baixas en Pontevedra. O dito acto contou coa presenza do director de Turismo Rías Baixas, e cos máximos cargos da Deputación de Pontevedra o Presidente e Vicepresidente.

Con este distintivo o Museo Liste veu recoñocido o seu esforzo por manter un alto nivel de calidade nas súas actuacións,labor na que continuaremos mellorando, e con máis ilusión aínda despois desta concesión.

CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE VOLUNTARIOS DA TERCEIRA IDADE

3 de Marzo do 2007 Sen Comentarios »

O Museo Liste en colaboración con outras entidades museísticas de Vigo e co apoio da “Confederación Española de Aulas de la Tercera Edad” pretende a captación de voluntarios culturais da terceira idade que axudarán de maneira puntual en tarefas e actividades do museo. Para participar nesta iniciativa, aberta a tódolos maiores de 55 anos, poden recoller as follas de inscripción na nosa sede na Rúa Pastora, 22 de Martes a Sábado de 11 a 14 e de 17 a 19 horas.