Como ven sendo tradicional nestas datas o Museo Liste ofrece un programa de audicións musicais didácticas durante os meses de Xullo e Agosto.
Comezamos este sábado día 5 de Xullo coa A.C. Tangaraño que nos ofrecerá unha mostra do seu bo facer no eido da recuperación da cultura popular galega a través do vestiario a as danzas tradicionais.
A A.C. Tangaraño naceu en Mos, un martes, 13 de xuño de 1999, cando un grupo de mozos e mozas procedentes de diferentes agrupacións decidiron pór en marcha o seu proxecto no ámbito da cultura tradicional. Esta non é a súa primeira colaboración co Museo xa que en 2005 participaron na mostra “O HUMILDE DO NECESARIO” e varios dos seus membros son coautores da publicación do Museo Liste “O VESTIDO DE ONTE”, que aproveitaremos para presentar o mesmo día da súa actuación.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Audicións, Xeral - Sen Comentarios »
Debido as reformas no interior do museo que se realizarán durante o venres día 23 pola tarde e o sábado 24 este permanecerá pechado.
Desculpen as molestias.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Xeral - Sen Comentarios »
O Día Internacional do Museo celébrase en todo o mundo o 18 de maio desde que, en 1977, o Consello Internacional de Museos (International Council of Museums, ICOM), propuxese esta actividade na súa XII Asemblea Xeral celebrada en Moscú.
O obxectivo do día nesta ocasión é achega-los museos á sociedade e ó público en xeral, en resposta a un concepto de museo como institución cultural e histórica ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Xeral - Sen Comentarios »
Biografía:
O 4 de Febreiro de 1915 nace en Tui (Pontevedra). Foi unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, con unha gran actividade que chega dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación coma arqueólogo e a súa tarefa coma editor e tamén como militante galeguista.Morreu en Vigo en 1985.
É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa .
En 1950 fundou con Luís Viñas Cortegoso a Editorial Monterrey. En 1962 ingresa na Real Academia Galega. Funda, xunto aos seus irmáns Álvaro e Emilio Edicións Castrelos en 1964.
En 1967 é premio Noriega Varela. En 1968 é premio das Letras da deputación Provincial de A Coruña. En 1971 é premio Cidade de Vigo. Foi cronista oficial da cidade de Vigo.
Dedicou atención ao estudo da Arqueoloxía, que tivo como resultados os descubrimentos de laudas sepulcrais da época romana en Vigo, das industrias paleolíticas do Baixo Miño e das Gándaras de Budiño, de restos dunha instalación romana de obtención de aceite de oliva en Teis (Pontevedra), unha cisterna con enxoval funerario da época do bronce en Atios (Pontevedra), etc.
As súas obras máis destacadas:
* Abril: (Poesía: 1929-1932)
* Alexandre Bóveda
* Una cabaña en el cielo
* Canle Segredo
* Cantares e romances vellos prosificados (Discurso)
* El crimen de la isla verde
* Enchen as augas
* En el pueblo hay caras nuevas
* Escolma da poesía medieval(1198-1354)
* Las estatuas no hablan
* El libro del por qué
* Martín Códax, cantor del mar de Vigo
* Poemas de ti e de min
* Romance do pescador peleriño
* Roseira do teu mencer
* Sonetos del alba insomne
* A pega rabilonga e outras historias de tesouros
* Vigo arqueológico
Escrito por Dpto. de Protocolo en Xeral - Sen Comentarios »
Como ven sendo tradicional por esta época o Museo adica unha semana a conmemorar estas sobranceiras datas.
Dende o día 13 ata o día 18 o acceso ó Museo será de carácter gratuito. Nestes días os visitantes desfrutarán de visitas guiadas, poderán ve-lo noso “Maio” e para os máis pequenos haberá xogos, enredos e actividades en relación coa figura de X.M. Alvárez Blázquez. Non nos olvidamos tampouco dos visitantes adultos que recibirán un agasallo relacionado con estas datas.
Agardamos a vosa visita.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Xeral - Sen Comentarios »
Ata o día 30 de Xuño, pódese visitar a exposición “Épica e Coraxe en Chumbo: 6000 soldadiños feitos por D. Ignacio Diz Rodríguez”. Desta singular exposición compre destacar a grande afluencia de público que acodeu a coñecela, e sobretodo, a presenza de grupos escolares entre os que está sendo un éxito.
A colección de D. Ignacio A. Diz Rodríguez contén máis de 6000 pezas de infantería e cabalería dos séculos XIX e XX. Sen dúbida, as pezas máis relevantes son: a “Guardia Mora”, a “Guardia Civil de Gala”, a “Guardia Real” , a “Legión” e a “Caballería de Húsares”. Todas elas feitas como o resto das unidades, á man. Para facelas, D. Ignacio verquía o chumbo derretido en moldes que el inxeniaba, facendo el mesmo outras partes do proceso coma: fundido, soldado e limado das pezas. O seu traballo non remataba aqui, xa que para conformar os equipos dos soldados empregaba materiais diversos (plásticos, lata,…reutilizados) e pintabaos seguindo os modelos de José María Bueno.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Exposicións, Exposicións recentes, Xeral - Sen Comentarios »
Dende a biblioteca do Museo Liste seguimos a traballar para acadar o obxetivo de converternos nun referente no campo da documentación etnográfica. Este propósito non pasa só pola adquisición de publicacións se non pola consecución das ferramentas axeitadas para facilitar o acceso dos usuarios aos fondos.
Por este motivo estamos a traballar, xunto co noso equipo informático, nun novo progarama de xestión documental que nos facilite o labor e que, por outra banda, permita a recuperación de rexistros de forma máis sinxela e precisa.
Aproveitamos para invitarvos a que pasedes a coñecer este servizo de paso que vindes visitar o noso museo.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Biblioteca, Xeral - Sen Comentarios »
No Departamento de Didáctica e Difusión Cultural do Museo Liste, actualmente estamos a dinamizar as guías das visitas escolares, por iso durante o percorrido, intercálanse nas diferentes salas da exposición, segundo a temática, diferentes actividades coma: xogos populares, adiviñas, menciñeiros, lendas relixiosas…
As visitas se estrucuran mediante unha monitora e unha animadora. A duración aproximada da visita é dunha hora.
Ademáis disto estamos a desnrolar un traballo de campo, ca recollida de datos dos diferentes entroidos que teñen lugar na provincia, e para elo pedimos a colaboración dos diferentes colexios que pasan polo museo.
Para o próximo trimestre haberá novas propostas que xa vos comunicaremos.
Un saúdo.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Didáctica, Xeral - Sen Comentarios »
Unha nova unidade didáctica, a número IV da colección “Os Saberes do Museo”, xa está na rúa. Co título “A Virxe do Carme do Morrazo: O seu periplo mariñeiro” , esta unidade pretende profundizar no tema da relixiosidade a través dun culto mariano moi arraigado en Galicia.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Publicacións, Xeral - Sen Comentarios »
O Museo Liste recibiu o distintivo “Compromiso con la Calidad Turística” do SICTED (Sistema de Integración de la Calidad Turística en Destino). Este sistema de xestión de calidade desenvolvido pola Secretaría General de Turismo y la Federación Española de Municipios y Provincias é xestionado polo Patronato de Turismo Rías Baixas e garante o compromiso de prestación dun servizo de calidade nas institucións e establecementos nos que está presente este distintivo.
O 31 de Maio o Museo Liste, recibiu o seu distintivo, xunto con outras 71 empresas da provincia de Pontevedra vinculadas o sector turístico, nun acto celebrado na sede de Turismo Rías Baixas en Pontevedra. O dito acto contou coa presenza do director de Turismo Rías Baixas, e cos máximos cargos da Deputación de Pontevedra o Presidente e Vicepresidente.
Con este distintivo o Museo Liste veu recoñocido o seu esforzo por manter un alto nivel de calidade nas súas actuacións,labor na que continuaremos mellorando, e con máis ilusión aínda despois desta concesión.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Xeral - Sen Comentarios »