“O vestido de onte”, nova publicación do Museo
11 de Xullo do 2008
O pasado sábado día 5 de Xullo tivo lugar a presentación de “O vestido de onte”, quinto volume da colección “Os saberes do Museo”. Esta monografía feita en colaboración con a Asociación Cultural Tangaraño está adicada ao vestir dos nosos antergos, ocupándonos tanto do traxe tradicional como das modas fóraneas que estiveron presentes na Galicia dos últimos douscentos anos. Os textos elaborado por Margarita Vázquez Corbal (Museo Liste), Kari Cabezas, Manuel Chorén, Pilar Fariña e Silvia Domínguez (A.C. Tangaraño) fan un percorrido polas distintas variantes do vestir dos nosos devanceiros incluindo descripcións tanto dos tecidos coma das prendas e complementos. Algúns dos temas tratados son: a roupa de cotío, o traxe de gala, a vestimenta infantil e a moda das clases burguesas,… Nesta publicación abundan tamén os testemuños gráficos procedentes de diferentes fondos tales como os dos arquivos fotográficos da A.C. Tangaraño, do Museo Liste e do Arquivo Municipal da Imaxe do Concello de O Porriño, neste punto debemos tamén agradecer a colaboración de D. Santiago Signo, que aportou diversas imaxes do seu arquivo particular. A publicación dado o contido didáctico da colección a que pertence, contén tamén un apartado de actividades orientadas a diferentes niveis de ensino.