DISTINTIVO DE CALIDADE TURÍSTICA PARA O MUSEO LISTE
1 de Xuño do 2007
O Museo Liste recibiu o distintivo “Compromiso con la Calidad Turística” do SICTED (Sistema de Integración de la Calidad Turística en Destino). Este sistema de xestión de calidade desenvolvido pola Secretaría General de Turismo y la Federación Española de Municipios y Provincias é xestionado polo Patronato de Turismo Rías Baixas e garante o compromiso de prestación dun servizo de calidade nas institucións e establecementos nos que está presente este distintivo.
O 31 de Maio o Museo Liste, recibiu o seu distintivo, xunto con outras 71 empresas da provincia de Pontevedra vinculadas o sector turístico, nun acto celebrado na sede de Turismo Rías Baixas en Pontevedra. O dito acto contou coa presenza do director de Turismo Rías Baixas, e cos máximos cargos da Deputación de Pontevedra o Presidente e Vicepresidente.
Con este distintivo o Museo Liste veu recoñocido o seu esforzo por manter un alto nivel de calidade nas súas actuacións,labor na que continuaremos mellorando, e con máis ilusión aínda despois desta concesión.