Continuidade da exposición “Épica e Coraxe en Chumbo”
27 de Febreiro do 2008
Ata o día 30 de Xuño, pódese visitar a exposición “Épica e Coraxe en Chumbo: 6000 soldadiños feitos por D. Ignacio Diz Rodríguez”. Desta singular exposición compre destacar a grande afluencia de público que acodeu a coñecela, e sobretodo, a presenza de grupos escolares entre os que está sendo un éxito.
A colección de D. Ignacio A. Diz Rodríguez contén máis de 6000 pezas de infantería e cabalería dos séculos XIX e XX. Sen dúbida, as pezas máis relevantes son: a “Guardia Mora”, a “Guardia Civil de Gala”, a “Guardia Real” , a “Legión” e a “Caballería de Húsares”. Todas elas feitas como o resto das unidades, á man. Para facelas, D. Ignacio verquía o chumbo derretido en moldes que el inxeniaba, facendo el mesmo outras partes do proceso coma: fundido, soldado e limado das pezas. O seu traballo non remataba aqui, xa que para conformar os equipos dos soldados empregaba materiais diversos (plásticos, lata,…reutilizados) e pintabaos seguindo os modelos de José María Bueno.