CONMEMORACIÓN DO “DÍA DAS LETRAS GALEGAS” E “DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS” NO MUSEO LISTE
10 de Maio do 2008
Como ven sendo tradicional por esta época o Museo adica unha semana a conmemorar estas sobranceiras datas.
Dende o día 13 ata o día 18 o acceso ó Museo será de carácter gratuito. Nestes días os visitantes desfrutarán de visitas guiadas, poderán ve-lo noso “Maio” e para os máis pequenos haberá xogos, enredos e actividades en relación coa figura de X.M. Alvárez Blázquez. Non nos olvidamos tampouco dos visitantes adultos que recibirán un agasallo relacionado con estas datas.
Agardamos a vosa visita.