COMEZO DAS AUDICIÓNS DIDÁCTICAS 2008

4 de Xullo do 2008

Como ven sendo tradicional nestas datas o Museo Liste ofrece un programa de audicións musicais didácticas durante os meses de Xullo e Agosto.

Comezamos este sábado día 5 de Xullo coa A.C. Tangaraño que nos ofrecerá unha mostra do seu bo facer no eido da recuperación da cultura popular galega a través do vestiario a as danzas tradicionais.

A A.C. Tangaraño naceu en Mos, un martes, 13 de xuño de 1999, cando un grupo de mozos e mozas procedentes de diferentes agrupacións decidiron pór en marcha o seu proxecto no ámbito da cultura tradicional. Esta non é a súa primeira colaboración co Museo xa que en 2005 participaron na mostra “O HUMILDE DO NECESARIO” e varios dos seus membros son coautores da publicación do Museo Liste “O VESTIDO DE ONTE”, que aproveitaremos para presentar o mesmo día da súa actuación.