Inauguración Exposición “Épica e Coraxe en chumbo: 6000 soldadiños feitos por D. Ignacio A. Diz Rodríguez”

8 de Novembro do 2007

Dende o día 8 de Novembro as 18:00 podemos desfrutar dunha nova exposición temporal , comisariada por Gemma Lamas Lorenzo,vencellada á nosa programación de exposición temporais adicadas ó coleccionismo privado.
Nesta exposición significánse algúns dos corpos máis importantes do Exército Español: Legión, Guardia Mora, Infantería de Marina, Guardia Real,… Feitos un por un por D. Ignacio con materiais a veces inusuais estes soldadiños de chumbo están prestos para a batalla inda que non necesitan combatir porque coa súa sola presenza xa é suficiente. A exposición permanecerá aberta ata  xuño de 2008