Resultados na categoría 'Xeral'

NOVA AUDICIÓN DIDÁCTICA NO MUSEO LISTE: SÁBADO 23 AGOSTO, “XALGARETE”

20 de Agosto do 2008 - Sen Comentarios »

O Museo Liste presenta unha nova actuación no marco do seu tradicional ciclo de audicións estivais, nesta ocasión, conta coa presenza de “Xalgarete”; agrupación folclórica con máis de 20 anos de antigüedade adicada a recuperación, conservación e difusión do folclore galego, tanto no que se refire a danza, música, roupa e as diferentes manifestacións culturais […]

INAUGURACIÓN NOVA EXPOSICIÓN NO MUSEO LISTE

1 de Agosto do 2008 - Sen Comentarios »

O sábado 2 de agosto ás 13 horas inaugurase unha nova exposición temporal no Museo que leva por título “Máscara e Ritual”.

Audicións Didácticas Xullo 2008:CLAVE DE FOL 19 de Xullo

15 de Xullo do 2008 - Sen Comentarios »

Tra-lo grande éxito da primeira audición do pasado 5 de Xullo protagonizada polas pandereteiras e o grupo de baile da A.C. Tangaraño. O Museo Liste ofrece unha nova actuación neste caso a cargo do grupo “Clave de Fol”. A cita e o 19 de Xullo as 12:30 horas na finca circundante ao Museo.
Agardamo-la vosa […]

O Museo volveu ser distinguido co distintivo “Compromiso de Calidad Turística”

15 de Xullo do 2008 - Sen Comentarios »

Neste 2008 o Museo Liste volveu recibi-la distinción “Compromiso de Calidad Turística” otorgado por el O.A.L Turismo Rías Baixas. Por segundo ano consecutivo volvemos a destacar por cumpri-los estándares de calidade turística no destino Rías Baixas-Provincia de Pontevedra. Este distintivo é froito do noso esforzo por seguir mellorando e convertirnos nun referente do turismo cultural […]

“O vestido de onte”, nova publicación do Museo

11 de Xullo do 2008 - Sen Comentarios »

O pasado sábado día 5 de Xullo tivo lugar a presentación de “O vestido de onte”, quinto volume da colección “Os saberes do Museo”. Esta monografía feita en colaboración con a Asociación Cultural Tangaraño está adicada ao vestir dos nosos antergos, ocupándonos tanto do traxe tradicional como das modas fóraneas que estiveron presentes na Galicia […]

COMEZO DAS AUDICIÓNS DIDÁCTICAS 2008

4 de Xullo do 2008 - Sen Comentarios »

Como ven sendo tradicional nestas datas o Museo Liste ofrece un programa de audicións musicais didácticas durante os meses de Xullo e Agosto.
Comezamos este sábado día 5 de Xullo coa A.C. Tangaraño que nos ofrecerá unha mostra do seu bo facer no eido da recuperación da cultura popular galega a través do vestiario a as […]

PECHE POR REFORMAS: OS DÍAS 23 E 24 DE MAIO O MUSEO PERMANECERÁ PECHADO POR REFORMAS

23 de Maio do 2008 - Sen Comentarios »

Debido as reformas no interior do museo que se realizarán durante o venres día 23 pola tarde e o sábado 24 este permanecerá pechado.
Desculpen as molestias.

“Los museos, agentes del cambio social y el desarrollo” (LEMA DO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2008)

10 de Maio do 2008 - Sen Comentarios »

O Día Internacional do Museo celébrase en todo o mundo o 18 de maio desde que, en 1977, o Consello Internacional de Museos (International Council of Museums, ICOM), propuxese esta actividade na súa XII Asemblea Xeral celebrada en Moscú.
O obxectivo do día nesta ocasión é achega-los museos á sociedade e ó público en xeral, en […]

LETRAS GALEGAS 2008: Xosé María Alvárez Blázquez

10 de Maio do 2008 - Sen Comentarios »

Biografía:
O 4 de Febreiro de 1915 nace en Tui (Pontevedra). Foi unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, con unha gran actividade que chega dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación coma arqueólogo e a súa tarefa coma editor e tamén como militante galeguista.Morreu en Vigo en 1985.
É un dos representantes da […]

CONMEMORACIÓN DO “DÍA DAS LETRAS GALEGAS” E “DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS” NO MUSEO LISTE

10 de Maio do 2008 - Sen Comentarios »

Como ven sendo tradicional por esta época o Museo adica unha semana a conmemorar estas sobranceiras datas.
Dende o día 13 ata o día 18 o acceso ó Museo será de carácter gratuito. Nestes días os visitantes desfrutarán de visitas guiadas, poderán ve-lo noso “Maio” e para os máis pequenos haberá xogos, enredos e actividades en […]