Resultados na categoría 'Exposicións'

INAUGURACIÓN NOVA EXPOSICIÓN NO MUSEO LISTE

1 de Agosto do 2008 - Sen Comentarios »

O sábado 2 de agosto ás 13 horas inaugurase unha nova exposición temporal no Museo que leva por título “Máscara e Ritual”.

Continuidade da exposición “Épica e Coraxe en Chumbo”

27 de Febreiro do 2008 - Sen Comentarios »

Ata o día 30 de Xuño, pódese visitar a exposición “Épica e Coraxe en Chumbo: 6000 soldadiños feitos por D. Ignacio Diz Rodríguez”. Desta singular exposición compre destacar a grande afluencia de público que acodeu a coñecela, e sobretodo, a presenza de grupos escolares entre os que está sendo un éxito.
A colección de D. Ignacio […]

Inauguración Exposición “Épica e Coraxe en chumbo: 6000 soldadiños feitos por D. Ignacio A. Diz Rodríguez”

8 de Novembro do 2007 - Sen Comentarios »

Dende o día 8 de Novembro as 18:00 podemos desfrutar dunha nova exposición temporal , comisariada por Gemma Lamas Lorenzo,vencellada á nosa programación de exposición temporais adicadas ó coleccionismo privado.
Nesta exposición significánse algúns dos corpos máis importantes do Exército Español: Legión, Guardia Mora, Infantería de Marina, Guardia Real,… Feitos un por un por D. Ignacio […]

“SER, ESTAR, PRODUCIR” NO MUSEO LISTE

19 de Xuño do 2007 - Sen Comentarios »

O Museo Liste presenta unha nova exposición temporal adicada a fotografía, cuio título é “SER, ESTAR, PRODUCIR”. Esta exposición producida polo Museo Etnolóxico de Ribadavia reflicte o mundo dos oficios tradicionais a través das fotografías de Mila Rodero (Teruel, 1950) que retratou a diversos artesáns ourensáns.
A exposición permanecerá aberta ata o 14 de Xullo, e […]

O TRABALLO E O LECER A TRAVÉS DOS ÚTILES DE COSTURA: A COLECCIÓN DE ROSA Mª LOPES BAMBA

13 de Abril do 2007 - Sen Comentarios »

No  primeiro trimestre  do 2007 permaneceu aberta a exposición temporal  que acolleu a colección privada de Dª. Rosa Mª Lopes Bamba , coa que se pretendeu, unha vez máis a difusión do coleccionismo privado de interese.
Nesta ocasión asociamos a través do título, e de maneira intencionada, dous substantivos: traballo e lecer. Os dous aspectos que pode levar […]

Inauguración exposición “O traballo e o lecer a través dos útiles de costura: a colección de Rosa Mª Lópes Bamba”

27 de Marzo do 2007 - Sen Comentarios »

O Venres 30 de Marzo as 18:00 horas, terá lugar o acto de inauguración da exposición “O traballo e o lecer a través dos útiles de costura: a colección de Rosa Mª Lópes Bamba”, comisariada por Isabel Pousada Nogueira. Esta exposición está vencellada a serie adicada ó coleccionismo privado, que iniciouse no ano 2002 coa […]

23 de Febreiro do 2007 - Sen Comentarios »

.

“Sons doutro tempo, hoxe. O prodixio de Antón Corral”

8 de Agosto do 2006 - Sen Comentarios »

Entre os meses de abril e xuño o Museo Liste acolleu a exposición temporal “Sons doutro tempo,hoxe. O prodixio de Antón Corral“. Os visitantes puideron coñecer de primeira man algúns dos segredos da elaboración dunha gaita, dunha zanfona, dunha requinta,… que xunto con outros instrumentos tradicionais axudan a manter vivo o noso folklore musical. […]

“Percorridos Impresos:Visións da tradición”

8 de Agosto do 2006 - Sen Comentarios »

Dende o 9 de Xuño ata o 31 de Xullo a Sala de Temporais do Museo presentou a mostra “Percorridos Impresos:Visións da tradición”. A mostra comisariada por Margarita Vázquez Corbal foi adicada a evolución dos recordatorios e fotografías de Primeira Comuñón ó longo do século XX a través de coleccións privadas de recordatorios, retratos, […]