
O día 25 de xuño, o Museo Liste recibiu a visita dos rapaces que participan nos cursos de verán impartidos no Colexio Santiago Apóstol da ONCE en Pontevedra.
A visita contou coa guía especial do director do Museo, don Olimpio Liste, experto en ensinanza para cegos. Nesta guía exclusiva, os fondos do Museo foron accesibles aos participantes.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Xeral - Sen Comentarios »
O martes 23 de xuño, celebraremos no Museo Liste a Noite de San Xoán. Recolleremos a ritualidade desta data baseada nos elementos naturais: auga e lume, e a tradición das herbas que se recollen esa noite.
Unha noite máxica na que non poden faltar os seres fantásticos , que actuarán como fío condutor.
As celebracións terán lugar na finca que circunda o Museo, entre as 19 h. e as 21 h. onde tamén se amosarán mitos asociados a outras culturas.
A festa rematará cunha solemne queimada oficiada polo mestre queimador Mariano, “Caballero de la Orden Serenísima de la Alquitara”.
Colabora: Asociación Xuvenil IPPON
NOTA: Marcos Mariano Ábalo é o autor do “Conxuro da Queimada”, así como artista autodiacta destacando como tallista, deseñador de escudos heráldicos e debuxos humorísticos.
Escrito por Museo Liste en Xeral - Sen Comentarios »
Durante o mes de MAIO , conmemorando o décimo aniversario do MUSEO, as visitas SON GRATUÍTAS
ACTIVIDADES PRIMAVERA
Escrito por Museo Liste en Exposicións, Xeral - Sen Comentarios »
Nova exposición temporal que permanecerá ata o vindeiro mes de outubro. A exposición oriéntase á caza mediante o trampeo como complemento da dieta, así como á defensa de pequenos e grandes animais para protexer as colleitas e o gando.
Lousas, ligas, redes, lazos, cepos, estruturas trampa, gaiolas… son antigos trebellos que aquí se amosan, produto do gran coñecemento que o home tiña do medio que o rodeaba, froito da súa constante observación e aprendizaxe da propia natureza.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Novas exposicións, Xeral - Sen Comentarios »
O sábado 21 de marzo , ás 12 horas, no Castelo de Sobroso en Mondariz, fíxose entrega do II Premio “Cumbres do Suído”, á Fundación e Museos Liste, na persoa do seu presidente e fundador Olimpio Liste Regueiro, como recompensa ó labor de recuperación do patrimonio histórico-etnográfico de Galicia, levado a cabo durante máis de corenta anos.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Historial - Sen Comentarios »
Escrito por Museo Liste en Didáctica, Xeral - Sen Comentarios »
Mostra de máscaras rituais galegas que encerran unha compoñente máxica e ancestral, vencelladas a cultos pagáns e portadoras do poder de transformación.
Ata o 30 de Novembro.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Historial - Sen Comentarios »
Como cada outono, no comezo do curso escolar desenvolvemos novas actividades didácticas vencelladas aos quefaceres domésticos tradicionais dirixidas ao público escolar que visita o Museo.Éstas desenvolveranse ao rematar o percorrido polas salas da exposición permanente durante todo o trimestre.
-”A vendima: unha tarefa de axuda mutua”.
-”Os fiadeiros: lugares de encontro”.
-”Sons da percusión tradicional” (Proxecto Espallar-en colaboración coa A.C. Tangaraño-.
Os grupos escolares interesados poden face-las reservas no número 986244698 (Gemma-Departamento de Didáctica-) o na dirección de correo electrónico didactica@museoliste.org.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Didáctica, Xeral - Sen Comentarios »
Neste 2008 o Museo Liste volveu recibi-la distinción “Compromiso de Calidad Turística” otorgado por el O.A.L Turismo Rías Baixas. Por segundo ano consecutivo volvemos a destacar por cumpri-los estándares de calidade turística no destino Rías Baixas-Provincia de Pontevedra. Este distintivo é froito do noso esforzo por seguir mellorando e convertirnos nun referente do turismo cultural en Galicia.
Escrito por Dpto. de Protocolo en Historial - Sen Comentarios »